Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Nota de prensa ::::
Fecha Lunes, 07 julio a las 08:51:58
Tema PHP-Nuke






NOTA DE PRENSA: CONTAMINACIÓN REITERATIVA DO RÍO CONDOMIÑAS


        De novo,tras una noite na que choveu de abondo,apareceu o río Condomiñas cheo de restos orgánicos que axiña se depostarán na Praia da Madalena,que non é de recibo que siga aberta ao baño.
       De novo,e xa ocurreu varias veces nos últimos 3 anos,que goberna o PP,se pon de manifesto que a depuradora non dá feito coa cantidade de auga que recibe ou non se fai unha boa xestión por parte da empresa que a xestiona.
         Unha vez máis,a cidadanía esixe que se adiquen os cartos a correxir defectos estructurais básicos como é a separación total de augas fecais e pluviais e non á falsa “humanización”ensanchando as beirarrúas,as flores e os maceteiros.
         Se fachendean de superávit,non entendemos como se pode continuar con carencias deste tipo e menos nun concello pretendidamente turístico.

Asinan: anova,bng,eu,e somoscedeira.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2444