PSdeG-PSOE Cedeira ::: Comunicado :::
Fecha Miércoles, 25 junio a las 12:16:32
Tema PHP-Nuke


ASUNTO: COMUNICADO

DIANTE DA PROPOSTA DE RUBIDO DE UBICAR O FUTURO CENTRO DE
SAÚDE NO ENTORNO DO PROPOSTO POLO ANTERIOR ALCALDE.

        No último pleno extraordinario da corporación municipal, celebrado o pasado 18 deste mes, o grupo municipal do PP aprobou retirarlle a cesión do solo que o goberno que presidimos lle fixera á Consellería de Sanidade para construir o novo centro de saúde, orzamentado no ano 2010 pola Xunta de Galicia.

        Tratábase do solo adxacente á piscina municipal para o que deixamos TODOS os trámites resoltos para inciar as obras tan pronto a Xunta de Galicia dese o pistoletazo de saída para construir o tan necesario novo centro de saúde. Pero cando esta situación se deu, cando os cartos estaban xa enriba da mesa, Rubido decideu poñer todos os atrancos para impedir que aquela conquista do goberno que os precedeu se fixese realidade.

         Primeiro falaron coa Conselleira para paralizar os trámites. Despois falaron de reformar o edificio onde hoxe se agolpan os servicios sanitarios. Logo, tras recoñecer que aquel edificio non permitía incrementos de volume imprescindibles para desenvolver adecuadamente a súa función, rehabilitación e fisioterapia, arquivo, sá de reunións, pediatría, etc. argumentaron que a ubicación proposta pola anterior corporación non lles gustaba.

        Así, Rubido foi perdendo o tempo e mareando a perdiz, pasaron os anos e, cando xa podíamos estar estrenando o novo centro de saúde, Rubido quere agora que os socialistas apoiemos a súa proposta, ofrecerlle á Consellería solo situado a cen metros do que acaban de rexeitar, no que haberá que destruír as pistas deportivas de recente construcción e voltar a construirlas no lugar que podía ter sido a ubicación do centro de saúde desde fai máis de dosu anos e medio. Suporá un gasto para as arcas mucicipais de 120.000 euros, vinte millóns das antiguas pesetas.

Á vista está que Rubido, o PP todo, quere que os socialistas nos opoñamos á súa proposta e así NON FACER O NOVO CENTRO DE SAÚDE. De feito teñen tan claro que non pretenden facelo que agora están procedendo a reparar o vello, non por idade senón por mal feito. Se nos opoñemos a tanta mala fé, terían a quen botarlle a culpa e cubriríanlle as costas á Xunta de Galicia que no fondo non quere empregar un euro en Cedeira.

En Cedeira, a 23 de xuño de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA



© 2014 - PSdeG-PSOE Cedeira

Dcto- orixinal (PDF): preme aquí



Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2433