San Andrés de Teixido :::: €€€€€€€€ ::::
Fecha Martes, 24 junio a las 18:31:11
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira dedicará 159.948,67 euros en axudas da Xunta para poñer en valor a aldea de San Andrés de Teixeido, situado entre montañas xunto aos acantilados máis altos da Europa continental e referente turístico que recibe cada ano a miles de peregrinos.

Anunciouno o seu alcalde, Luís Rubido, do PP, e trátase da terceira fase dun programa que busca acondicionar un lugar singular que é "o segundo centro de peregrinaje de Galicia por detrás de Compostela".

O 100% dos fondos proceden das arcas autonómicas a través dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, expuxo Rubido. O diñeiro investirase en "erradicar o feísmo urbanístico", reparar ou recuperar fontes, hórreos, homoxeneizar os postos ambulantes tomando como base un estudo arquitectónico previo de Pablo Tomei e Oscar Alba e situar a San Andrés como un "exemplo da arquitectura tradicional galega".

En fases anteriores, os traballos centráronse nas fachadas das 22 vivendas unifamiliares do núcleo habitado.

EFE.

Link: FINOnline






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2432