Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Nota de prensa ::::
Fecha Lunes, 23 junio a las 18:50:45
Tema PHP-Nuke


A parroquia de Santalla


Algúns veciños de Santalla dirixíronse a nós para manifestarnos abertamente que a súa parroquia se encontra bastante desfavorecida con respecto a outras, comentario que desde Anova- Cedeira compartimos en boa medida. Vexamos.


O estado das pistas dependentes do concello, que a vertebran, é francamente millorable: descarnadas, con baches, a maleza polas súas beiras acadando unha altura considerable. Un abandono.

 E para colmo, o estado da masa común ubicada no quilómetro catro, da que se adxunta unha fotografía, de proporcións considerables ( non menos de corenta metros de longo, por catro de fondo e tres de alto, aproximadamente) que medra de día en día e na que hai de todo: desde restos de podas ata uralitas, pasando por plásticos, cordas e material diverso procedente seguramente da limpeza pa praia e que despide mal olor. E todo isto á beira da pista e sen valado algún. Lamentable.
 
  P.D.: amig@s de Santalla, un pouco de paciencia que antes das eleccións municipais estará todo arranxado.


© 2014 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2430