
Declaración de impacto ambiental
Fecha Lunes, 27 abril a las 11:38:40 Tema PHP-Nuke
Resolución do 23 de marzo de 2009 pola que se lle dá publicidade á
Resolución do 19 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e
Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto
ambiental do proxecto de instalacións náutico-deportivas en Cedeira,
situadas no concello do mesmo nome, provincia da Coruña, e promovido
pola UTE Comercial Internacional, S.L.-Bardera, S.L.
Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de
setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e o artigo
12 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se
aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de
proxectos, o presidente de Portos de Galicia,
RESOLVE:
Dar publicidade mediante esta publicación á
Resolución do 19 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e
Avaliación Ambiental, na cal se formula a declaración de impacto
ambiental do proxecto de instalacións náutico-deportivas en Cedeira,
promovido pola UTE Comercial Internacional S.L.-Bardera S.L.
A declaración foi incorporada ao citado
expediente e encontrarase ao dispor de calquera interesado nas oficinas
centrais de Portos de Galicia, durante un prazo de trinta días contados
desde a publicación deste anuncio na páxina web do dito ente público
(www.portosdegalicia.com), na sección de pregos e docmentos, así como
no seguinte enderezo web:
http://www.cptopt.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/1328
Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2009.
Jacinto Parga Fernández
Presidente de Portos de Galicia
Link: DOGONLine
|
|