Pérez Pernas non cumpre os requisitos
Fecha Sábado, 21 junio a las 19:48:46
Tema PHP-Nuke


A Xunta Electoral central das eleccións ás confrarías admitiu o recurso de alzada presentado por un grupo de armadores e tripulantes do depósito cedeirense contra a candidatura de José Agustín Pérez Pernas, patrón maior desde hai oito anos e aspirante a continuar no cargo [no colectivo de empresarios de artes menores], por considerar que non cumpre os requisitos establecidos pola normativa. «É dono dunha embarcación de pesca da terceira lista (...), pero nin agora nin no último ano desenvolveu ningún tipo de actividade relacionada co mundo do mar (...). Leva sen saír a faenar máis dun ano e medio, o que nos fai pensar que non dispón de dereitos de sufraxio activo e pasivo», alegaban no escrito de impugnación das candidaturas provisionais proclamadas pola comisión electoral da Confraría de Cedeira


© 2014 - La Voz de Galicia



O informe solicitado pola Xunta Electoral á Secretaría Xeral do Mar, da Consellería do Mar, certificou que o armador Pérez Pernas comunicara a súa inactividade o 24 de maio do 2013. A Dirección Xeral da Marina Mercante confirmou que depositara o rol de despachos e dotación do seu buque o 7 de xaneiro do 2013. Nunha resolución asinada o 18 de xuño, a Xunta Electoral declara a «inadmisión» da candidatura do ata agora patrón maior, que non poderá ser «elector nin elegible» no proceso de renovación do órgano de goberno do depósito. Cabe interpor un recurso de reposición ante a Xunta Electoral de Confrarías ou un contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Apelación doutro aspirante

Serafín Costa García, outro dos aspirantes a formar parte da xunta xeral e a liderar a confraría de Cedeira, recorreu a decisión da comisión electoral do depósito de rexeitar a súa candidatura [presentada polo colectivo de empresarios de baixura-artes menores], por tratarse de «un membro suplente» da citada comisión. Na súa reclamación afirma que «descoñecía e non fora informado, nin ao resultar elixido suplente nin despois nin ao presentar a candidatura», de que o feito de ser suplente impedíselle optar ás eleccións. O seu nome non figura na lista de membros electos á xunta xeral, que se coñeceu onte, e na que aparecen 16 tripulantes, 7 empresarios e outros 3 do percebe.


+ Info eleccións confraría:
Confraria de Pescadores Cedeira
Confraría de Pescadores de Cedeira

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2427