Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Nota de prensa ::::
Fecha Domingo, 15 junio a las 08:49:41
Tema PHP-Nuke






NOTA DE PRENSA: PECHE DOS SERVIZOS DO PASEO MARÍTIMO

        Hai xa catro meses longos que Anova- Cedeira denunciou perante a opinión pública o estado de abandono en que se atopaban os citados servizos. O goberno local fíxose eco e pechounos para facer obras, dixeron. Pois ben, deben ser como as do Escorial no seu momento porque a día de hoxe seguen sen funcionar.

       De novo dá a sensación de que aos nosos gobernentes só lles preocupa que estean listos para a temporada estival. Como se os paseantes e os nen@s que xogan por alí non tiveran necesidades fisiolóxicas. E se as teñen, pois como os cans, ou sexa, de campo. Pero, coidado, que iso podería conlevar fortes sancións económicas. Máis humildade e menos prepotencia é o que cómpre.

Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2426