Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Nota de prensa ::::
Fecha Martes, 10 junio a las 08:58:20
Tema PHP-Nuke








NOTA DE PRENSA: FEIRÓN TAMÉN NO VERÁN


        Clamor popular pola decisión do Concello de suprimir o feirón (que se celebra mensualmente no segundo domingo de mes) nos meses de xullo e agosto. Pensamos que esta decisión é totalmente errónea e logra poñer de acordo a feirantes e a xente do pobo. Ao mesmo tempo supón unha mostra máis de que o alcalde,goberna de costas ao pobo e só lle interesan os veraneantes.
         “Estamos fartos de que nos mareen co cambio de ubicación (un mes no río e outro no paseo da Praia; a quen lle molestamos?. Esta era a frase máis repetida pola xente que traballa no feirón e que ameazan con non voltar.
          Posiblemente iso sexa o que pretende o grupo de “desgoberno” . Para a xente do pobo e para os comerciantes,lonxe de ser unha competencia é un estímulo pola cantidade de xente que atrae.
          Desde anova-cedeira instamos a que se rectifique e que se celebre o feirón de xullo e se cambie para o domingo día 20 ou 27 o de agosto.


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2424