BNG - Cedeira :::: Concello - Axencia inmobiliaria
Fecha Viernes, 06 junio a las 14:33:11
Tema PHP-Nuke


  BNG de Cedeira pregunta si o goberno popular pretende converter o Concello nunha axencia inmobiliaria 

Despois de visto o publicado polo goberno municipal de Cedeira este pasado 5 de xuño, con respecto “ao impulso dun plan de vivendas tuteladas para maiores de 60 anos”, o BNG , imaxinamos que como calquera persoa que vira a noticia, preguntámonos que están a anunciar en realidade nesta ocasión dende o Concello.

“Os 25 pisos dunha promoción inmobiliaria privada ubicada na zona do Floreal poderían converterse nas primeiras vivendas tuteladas do Concello”, así é como comeza o desenvolvemento da noticia, na que despois o pouco que se explica é que poderán optar a elas persoas non dependentes, que serán estas ás que se encarguen da limpeza das vivendas e espazos comúns e que contarán con servizo de comedor e lavandería…

Insistimos, que están a anunciar?, que como unha inmobiliaria privada non dá vendido pisos o goberno municipal popular intenta botarlle unha man baixo o disfraz de que se quere prestar un servizo a maiores de 60 anos que estean en “ boas condicións físicas e psíquicas (isto tamén o recolle o publicado)”?.

Para o BNG é realmente escandaloso e grave que o goberno municipal popular de Cedeira se atreva a publicar algo así, e esiximos que se expliquen varios puntos importantes porque tal e como se recolle a noticia no publicado poderían estar dando un trato de favor a unha promotora non identificada. Por iso consideramos urxente, que o goberno municipal aclare que papel xogan eles nisto,  actúan de intermediarios entre a promotora e os arrendatarios? De que maneira? Quen é a promotora dos pisos?

A portavoz municipal do BNG de Cedeira
María Xosé Rodríguez Pérez

Link: BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2421