Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Nota de prensa ::::
Fecha Viernes, 30 mayo a las 19:06:19
Tema PHP-Nuke


 NOTA DE PRENSA: PARQUE DE MASCOTAS

O Concello ven de anunciar recentemente as sancións aos donos dos cans que non recollan os escrementos das súas mascotas.Non imos facer un alegato na defensa dos beneficios das mascotas nesta sociedade tan deshumanizada,xa que estes son evidentes.

Pensamos que están "empezando a casa polo tellado",xa que se debería por comezar por unha campaña de educación e tamén coa creación dun parque de mascotas que axudaría a que os veciños e veciñas da vila tiveran un lugar de encontro para os seus cans,minimizando así o problema cunha pequena inversión,e só aplicando as sancións como último recurso.

Hai que poñer medios antes que sancións,a non ser que o que se pretenda coma case sempre sexa recadar. Por outra banda pensamos que esta medida sería moito menos costoso para as arcas do Concello (para os nosos petos) que a de mercar un vehículo para recoller os escrementos e máis proveitoso para @s veciñ@s que o alugueiro de bicicletas…


© 2014 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2415