PSdeG-PSOE Cedeira ::: Comunicado :::
Fecha Miércoles, 28 mayo a las 20:16:38
Tema PHP-Nuke


         A estas alturas do ano, o Concello de Cedeira, con Alfredo Vilela Santalla ao frente, anuncia que vai limpar as pistas. Cando deberían estar preparando a segunda pasada, Vielela anuncia, a bombo e platillo, que comeza a primeira.
        Os que usamos a diario as pistas rurais, levamos, non só agora coa explosión primaveral da vexetación de cunetas e ribazos, senón todo o ano ( xa van tres) sufrindo o abandono ao que Rubido condena ao medio rural. E non pode botarlle a culpa á falla de medios, e moito menos á herdanza recibida. O tractor da praia está sen facer nada e o adquirido por insistencia de Manuel Pérez Riola, está parado.
        O asfalto de innumerables pistas está cuarteado ou levantado, con buratos por un lado e outro, constituíndo un perigo para cantos necesitamos transitar por elas. Vilela só se preocupa polas pistas nas que posúe propiedades, nas que non repara en gastos de todo tipo e Rubido só emprende obras non prioritarias, cando non innecesarias ou perniciosas.
        As vías de circulación das parroquias carecen de regulación e control, dá igual a anchura que teñan, o tipo de pavimento que presenten, nos leven a lugares moi concurridos ou a terreos forestais, que o goberno local do PP carece de interés por racionalizar o tránsito. Nunha localidade na que a manipulación da madeira ten tanta importancia, contempla as talas, acopios e transporte do eucalipto como quen ve chover. Se non hai máis accidentes é porque Deus nos cuida.
         A variante das Pontigas da estrada provincial que vai a Chímparra, CP-2204, programada polo goberno que presidimos e aprobada pola Deputación, durme o sono dos xustos. Deixar escapar unha obra que traería seguridade no tránsito ao Sato Andrés e calidade de vida ás Pontigas e Barral é dunha irresponsabilidade só comparable co pasotismo que amosan co Centro de Saúde.
       Os accesos ao corazón da Capelada están absolutamente impracticables. As comunicacións co Curro, cos Parques Eólicos, etc. non poden ter as mesmas características que as que nos levan a lugares habitados, pero o descuido no que se manteñen fainas imposibles, cun claro detrimento para o turismo, ou para os veciños que deberían poder disfrutar da súa serra. Máis que potenciar as moitas cualidades da Capelada, o PP ten unha actitude depredatoria coa súa riqueza. Só ve pinos que cortar. E para rematar, a dereita de Cedeira renunciou a apoiar a “rapa das bestas”  que permitía atraer visitantes, publicitar unha riqueza gandeira subesplotada, habilitar marcos de convivencia en torno a unha práctica milenaria ao mesmo tempo que se procedía á desparasitación tras un ano de andadura ceibe polo monte.

En Cedeira, a 22 de maio de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© 2014 - PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2414