Concello de Cedeira - ANOVA ::::: Denuncia ::::
Fecha Miércoles, 21 mayo a las 16:01:16
Tema PHP-Nuke


NOTA DE PRENSA: A BEIRARRÚA DE LAMELAS

Dentro do proceso de “humanización” ,o goberno municipal estase a “esquecer” de varios lugares,entre eles o de Lamelas (A Riveira) quizais porque non son empregados por moitos turistas.En anova-cedeira pensamos que todo@s temos os mesmos dereitos,tanto os do casco urbano como os das parroquias. Como se pode apreciar nas fotografías o problema non é novo xa que a beirarrúa (só hai por unha beira da estrada) ten “limo”.Entendemos que o Concello é o responsable da situación,xa que a fuga de auga,está invadindo espazos públicos e que debe tomar “cartas no asunto” de xeito urxente,para non ter que lamentar algún percance que nos leve a repetir o noso refraneiro: “Lembrámonos de Santa Bárbara cando trona”.


© 2014 - ANOVA Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2413