" O TEMPO DAS MULLERES "
Fecha Domingo, 26 abril a las 13:02:41
Tema PHP-Nuke


A finalidade desta exposición é visibilizar ás mulleres cedeiresas, as cales constitúen a mitade da poboación do Concello de Cedeira, e a súa aportación á vida económica, política, cultural, educativa, familiar e social do concello,; destacando ó mesmo tempo a importancia da súa contribución ó desenvolvemento de Cedeira en todos os ámbitos mencionados.


© Concello de Cedeira 2009

Este exposición configúrase nun medio que nos vai permitir acercarnos a realidade das mulleres cedeiresas facilitando a posibilidade de coñecer un pouco máis a algunhas das que contribuiron e contribuen a que cedeira sexa o que é.

Queremos dar recoñecemento ó esforzo levado a cabo por todas esas mulleres para conseguir sacar adiante un traballo asalariado, paralelo ó traballo diario do seu fogar e ó coidado das persoas que dependen delas ( fillas, fillos, maiores, enfermos, etc. ), actividades case sempre invisibles e pouco  ou nada recoñecidas.

Non están todas as que son pero sí son todas as que están ...


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=241