ANOVA - Cedeira
Fecha Jueves, 15 mayo a las 13:24:09
Tema PHP-Nuke





NOTA DE PRENSA: ALBERGUE “ LOS PINOS”


 Anova Cedeira, nada máis constituirse, solicitou do concello a concesión dun local dos varios que pensabamos (e seguimos pensando) que ten, baleiros ou infrautilizados. De principio, os nosos gobernantes, nin sequera se dignaron responder, e, cando o fixeron, porque llelo esiximos, aduciron que nós non somos ninguén (sic) e que se nolo concedían, de seguro que outras moitas asociacións poderían seguir o mesmo camiño e non habería para todos.
 Pois ben, vimos de enterarnos (somos novatos na política local) que, estes impresentables, cederon gratuitamente a unha organización de tan fondas raíces locais como é a OJE ferrolá, un magnífico local e por un espazo de nada menos que ¡dez anos!, unha antiga escola unitaria, no lugar da Corredoira (Cervo), para que, como moito, durante un par de meses de verán a utilicen para actividades culturais, deportivas e medioambientais. Polo menos, en Anova, estaríamos encantados de disfrutar de semellante bicoca.

 Sempre pensamos que estas escolas deberían ter sido aproveitadas para usos sociais d@s cedeires@s, pero xa vemos que hai quen prefire complacer aos "veraneantes" e desprezar aos veciños que a pesar de todo, é moi posible, que os sigan mantendo aí.

Cousas da vida, que diría Castelao.



Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2409