PSdeG-PSOE Cedeira
Fecha Jueves, 08 mayo a las 13:47:02
Tema PHP-Nuke


 
ASUNTO: CORRECCIÓN DUNHA INFORMACIÓN INCOMPLETA


       O pasado 27 de abril leimos neste medio unha nota de prensa dun grupo político de Cedeira na que tachan de “inmoral que por catro horas de traballo ao mes se cobren 800 euros, bastante máis que o salario mínimo interprofesional”. Ata aquí refírese aos membros do PP que forman parte da Xunta de Goberno Local (señores Rubido, Señor Nebril e Sr. Romero. O Señor Vilela xa cobra 28.000 euros por outro lado)

        Tras un punto e aparte, estes amigos continúan, “  Isto que estamos denunciando está vixente desde xullo de 2011, cos votos a favor do PP e a abstención dos grupos da oposición. Cómpre rectificar, xa!

       Claro, tal e como se expresan, danos a impresión, seguramente equivocada, de que debemos rectificar. Bueno, se nos equivocamos, claro que hai que rectificar. Analicemos.

       Efectivamente, neste Pleno, do 27 de xullo, no seu punto 4 de “Modificación das bases de execución do presuposto” introdúcese unha batería de propostas entre as que se atopan as dietas aquí denunciadas. Todas elas foron informadas desfavorablemente polos membros do grupo socialista na correspondente comisión informativa de facenda e no que se refiere a este punto concreto hai que buscar na sesión plenaria anterior a posición exacta do noso grupo. Neste Pleno anterior, de data de 29 de xuño do 2011, no seu punto 13 de “proposta de indemnización por asistencia a órganos colexiados:
        a)     Por asistencia  sesión da Xunta de Goberno Local: 196,00 euros.
        b)     Por asistencia a sesión plenarias, de comisión informativas e de mesas de contratación, 60.00 euros”

       Resólvese coa votación reflictida no seguinte texto:
“Sometido o asunto a votación, o Pleno da Corporación, por sete votos a favor do Grupo Municipal do PP, e seis votos en contra dos grupos municipais do PSdeG-PSOE e BNG”

       Para máis explicación a quenes confundise esta nota dos nosos amigos, trasladamos o texto da moción presentada polo grupo socialista no pleno de setembro do 2012 que propón a “eliminación das indemnizacións por asistencia a comisión, Plenos e Xuntas de Goberno” na que expresamos como “en agosto do 2012 despachou (a Xunta de Goberno Local) en 11 minutos o pago dunha factura de 124 euros gastando en indemnizacións 784 euros (catro concelleiros do PP).

       Estamos certos que os nosos benqueridos amigos non resaltaron a nosa abstención co interés de  equipararnos con quenes se levan crudos os cartos dos impostos da veciñanza. Cómo imos pensar isto! Pero por se algún mal pensado incurrise nesa confusión, esperamos valga de algo estas explicacións ás que sempre estaremos dispostos, tanto en público como en privado.

                   En Cedeira, a 09 de maio de 2014
                        JOSÉ LUIS VERGARA REY
             Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA



© 2014 PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2407