Concello de Cedeira - Praia da Madalena
Fecha Martes, 06 mayo a las 19:19:16
Tema PHP-Nuke



© 2014 - OLLAPARO

Ana Miranda e Daniel Rodas  acompañados de responsabeis do BNG local e comarcal xunto con membros de Adega e Somos Cedeira achegáronse a interesarse pola problemática da Praia da Madalena, a causa e efectos do desleixo, tamèn das actuacións temerarias e contraproducentes da administración.Ao coñecer a situación achegáronse ao operario do guindastre que remataba a xornada e de brincadeira fixeron ademán de parala. Miranda expresou o seu interese xa que no programa que defenderá en Europa os hábitats singulares deberán garantirse “dende a transparencia e o control das actuacións subvencionadas, para convertelas en verdadeiras oportunidades de desenvolvemento local”.


© 2014 - OLLAPARO

Malia ser un problema da praia, da ría e da Reserva de Interese Pesqueiro, a actuación do servizo provincial de Costas da Coruña só contempla recuperar a praia para os turistas sen atender a normativa de protección destes espazos e a súa viabilidade futura mesmo habendo unha normativa que a define como “reserva” e  por tratarse dunha  zona altamente dependente da pesca


Link: OLLAPARO






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2405