© 2014 - OLLAPARO
Ana Miranda e Daniel Rodas, candidata do BNG ao Parlamento Europeo e
deputado e portavoz de asuntos pesqueiros no Parlamento de Galicia,
veñen de reunirse cos representantes da Confraría de Pescadores para
escoitar as súas angueiras e necesidades como preludio do acto de
presentación do programa da formación nacionalista ás vindeiras
eleccións ao Parlamento Europeo ás 19:30 na biblioteca do Auditorio
Municipal. Na entrevista falouse da situación actual da Confraria de
Pescadores e da súa lonxa, das cotas e descartes, da problemática da xarda, da frota cefalopodeira
e do debalo nas condicións de traballo na pesca de baixura, ao dia ou a
semana, en moitas ocasións piores que no Gran Sol. O Patrón Maior
concordou que a Política Común de Pesca (PCP) segue a provocar que as
pesquerías de noso continuen a perder postos de traballo no mar ao veren
limitada as posibilidades de desenvolvemento e xeración de riqueza do
sector. Apuntou Agustín Pérez a impunidade e engano
coa que faenan estas embarcacións e que se percibe a situación de
discriminación e a necesidade de que o sector galego teña representantes
á altura do seu peso socioeconómico e tradición, “para defender o noso
xa que os demais defenden o seu” .

© 2014 - OLLAPARO
Miranda preocupouse pola reserva mariña e salientou a
nova estratexia europea, sobre todo nas zonas protexidas, animando aos
cofrades a estar atentos aos fondos que con probabilidade se
habilitaran , xa que ben pode compatibilizarse a pesca co medio ambiente
e o problema da praia sempre que acaden e cumpran os criterios de
protección. O Patrón Maior aproveitou para informar alegación da confraría ao soterramento da Reserva mariña pola administración.

© 2014 - OLLAPARO
O Patrón Maior de Cedeira,
Agustín Pérez Pernas fai parte da delegación do
BNG liderada pola eurodeputada
Ana Miranda e o deputado
Bieito Lobeira cos representantes dos sectores pesqueiro e marisqueiro que se reuneu en Bruxelas con
Maria Damanaki, Comisaria Europea de Pesca, coa fin de defender a pescar artesanal galega. Agosto 2012
Link: OLLAPARO