Concello de Cedeira - Paro mes de abril
Fecha Martes, 06 mayo a las 18:52:28 Tema PHP-Nuke
O paro descendeu en abril en Ferrolterra, Eume e
Ortegal nun 0,88 %, con 181 demandantes menos que o mes anterior. As
cifras publicadas hoxe pola Consellería de Traballo indican que hai
inscritos actualmente 20.378 desocupados nas tres comarcas, que non logra engancharse á tendencia á baixa experimentada no conxunto da comunidade, onde o paro descendeu case un 2,3 %. Por comarcas, o paro reduciuse un 0,67 % en
Ferrolterra, que conta con 17.136 anotados; un 2,67 % no Eume, con
2.294; e un 0,21 % no Ortegal, con 948. En números absolutos, o sector servizos é o que
rexistrou un maior descenso na cifra de parados, con 90 menos, aínda que
en termos porcentuais, é a construción, un mes máis, a que concentra a
maior redución, cunha baixada do 2,05 %. De todos os sectores,
unicamente creceu o desemprego na agricultura. O paro só creceu en seis municipios das tres comarcas, Ares, Cedeira, Moeche, Narón e Cerdido.
+Info: Consellería de Traballo :
Link: VONLine - Xunta de Galicia
|
|