Concello de Cedeira - Lonxa
Fecha Lunes, 05 mayo a las 19:46:29 Tema PHP-Nuke
O espectacular incremento de volume de negocio que se está experimentando na lonxa de Cedeira como consecuencia da apertura da nova rula e a ampliación do abano de vendas, sobre todo de peixe, permitiu que a vila mariñeira se asente xa entre as zonas máis puxantes neste sector en toda Galicia.
As cifras son abafadoras. Entre o 1 de xaneiro e o pasado venres na lonxa cedeirense despacháronse algo máis dunha tonelada de produtos do mar que reportaron máis de 3,1 millóns de euros, segundo as estatísticas oficiais da Xunta.
© 2014- La Voz de Galicia Só cinco rulas das 58 das que se rexistra actividade en toda Galicia superaron esta cantidade. Trátase, en concreto, da Coruña; Burela; Celeiro; Ribeira e Vigo. En todos estes casos, as cifras que se manexan son moi superiores ás da vila mariñeira, dado que se trata de grandes e tradicionais polos de venda.
As perspectivas
Pero o golpe na mesa da confraría cedeirense está
aí e, ademais, a tendencia é a continuar incrementando mercado e volume
de negocio nos próximos meses.
Cabe recordar que tanto o verán
como o nadal, aínda por chegar, son datas moito máis propicias que as
actuais para a venda de peixes e mariscos.
A posta en marcha
da nova lonxa foi un elemento crave para este éxito de vendas, xa que
atraeu de novo a Cedeira a barcos pesqueiros que, a pesar de pertencer
ao depósito, comercializaban as súas capturas noutras rulas.
A
ampliación e a modernización das instalacións supuxeron un desembolso
por parte da Xunta de máis de dous millóns de euros e a habilitación de
1.200 metros cadrados.
Do impulso que está tomando este núcleo de
comercialización dá boa conta tamén o feito de que en apenas dous
meses, entre marzo e abril, comercializáronse 609.000 quilos de produto
por valor de case 1,8 millóns de euros.
Economía local
A
pesca e o marisqueo son a principal fonte de actividade no municipio de
Cedeira, xunto con outros sectores como, por exemplo, o forestal.
A
diversificación industrial que se persegue coa apertura de áreas
industriais, e que comeza a dar os seus froitos, vese deste xeito agora
apontoada pola consolidación da actividade económica principal.
A apertura do novo recinto de poxas, clave para recuperar a pesca.
Link: VONLine - XuntaONLine - PescaDeGalicia
|
|