Cinco euros por un piso de 65 metros
Fecha Domingo, 26 abril a las 12:41:04 Tema PHP-Nuke
Cinco euros custa a papeleta que pode facer gañar ao seu propietario un
piso no centro de Cedeira. A comisión de festas que xa prepara os
eventos que terán lugar os días festivos ha ingeniado este ano unha
nova forma de conseguir orzamento. Levan meses vendendo números, aínda
que só un, o que coincida co gañador do sorteo da ONCE do 28 de agosto,
poderá reclamar o piso, que en 65 metros cadrados terá dúas
habitacións, dous baños, cociña, salón, praza de garaxe e trasteiro.
Todo un caramelo en metade dunha importante crise inmobiliaria, un
sector que pretende revitalizar a comisión con esta iniciativa. «Do
mesmo xeito que noutros lugares, as vendas de pisos baixaron moito»,
explica Beceiro. «Con esta idea pretendemos revitalizar o mercado e
animar á xente a que veña a vivir e a veranear».
Deste xeito, «queremos que se coñeza Cedeira, que se escoite o seu nome
fóra de Galicia e resulte atractivo para os turistas». Para iso, varios
establecementos venden xa as papeletas.
Link: VONLine
|
|