CONCELLO PLENO -- CONVOCATORIA -- SESIÓN EXTRAORDINARIA
Fecha Martes, 29 abril a las 18:47:30
Tema PHP-Nuke






CONCELLO PLENO
-CONVOCATORIA-
SESIÓN EXTRAORDINARIA

Resultando que con data 07 de abril de 2014 foi presentado no Rexistro de Entrada de documentos (Rex. Entrada núm. 1858) escrito do 04 de abril de 2014 de solicitude de pleno extraordinario asinada polos concelleiros membros do grupo político municipal socialista DªMaríá del Carmen Vergara Rey, D. Manuel Pérez Riola, Dª Emilia Durán Fernández e D. José Luis Vergara Rey, os cales representan a cuarta parte do número legal de membros da Corporación.

Resultando que dito pleno non foi convocado e realizado no prazo legal dos quince días hábiles fixados no artigo 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, na redacción dada pola Lei 11/1999, de 21 de abril.

Considerando que por mandato legal do citado artigo 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, na redacción dada pola Lei 11/1999, de 21 de abril, o Pleno extraordinario queda automáticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ó da finalización do inicial dos quince días, ás doce horas, debendo o Secretario da Corporación notificar dita convocatoria automática a todos os membros da mesma ao día seguinte da finalización do prazo citado anteriormente.

En virtude da normativa exposta, se lle comunica que queda Vde. convocado para a realización do Pleno Extraordinario, que terá lugar o vindeiro día 09 de maio de 2014 (venres) ás doce horas no Salón de Sesións da Casa do Concello.

Significarlle que en ausencia do Presidente ou de quen legalmente haxa de sustituilo, quedará o Pleno válidamente constituido sempre que concorra un tercio do número legal de membros, quórum que deberá manterse durante toda a sesión, sendo presidido polo membro da Corporación de maior idade entre os presentes.

Así mesmo signifícase que si en primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderáse convocada a sesión automáticamente á mesma hora, dous días despois.

A partires de hoxe ten Vde. a súa disposición, na Secretaría municipal, o asunto que figura na Orde do Día.

ORDE DO DÍA

Punto Único.- DEBATER E PROCEDER Á APROBACIÓN POR PARTE DA
CORPORACIÓN MUNICIPAL DE
1. IMPULSAR A REALIZACIÓN DE CANTOS ESTUDIOS SEXAN NECESARIOS
PARA COMPRENDER A DINÁMICA XERAL DA RÍA DE CEDEIRA.
2. ELABORAR CON RIGOR, MEDIDAS QUE FAGAN POSIBLE O SEU
APROVEITAMENTO SOCIAL E ECONÓMICO NUN MARCO DE SUSTENTABILIDADE
DO MEDIO NATURAL.
3. IMPLICAR A TODAS AS INSTITUCIÓNS POLÍTICAS NA SÚA EXECUCIÓN E FINANZAMENTO.
4. CONVOCAR Á COMUNIDADE CIENTÍFICA , ESPECIALMENTE GALEGA, A PROTAGONIZAR ESTE TRABALLO


© 2014 . Concello de Cedeira


Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2399