ANOVA - Cedeira
Fecha Domingo, 27 abril a las 09:09:42
Tema PHP-Nuke


NOTA DE PRENSA DAS GRATIFICACIÓNS NO CONCELLO

Desde Anova Cedeira queremos poñer de manifesto perante a cidadanía que os nosos concelleir@s (agás os que teñen dedicación exclusiva ou plena) reciben unha compensación razoable por acudir aos plenos municipais e outras reunións como as comisións informativas ou as mesas de contratación. Ata aquí todo normal.

O que xa non o é tanto é que @s que forman parte do goberno (neste momento, o PP) cobren nada máis e nada menos que cento noventa e seis euros (196) por acudir ás sesións da comisión de goberno, que apenas duran 1 hora e teñen unha periodicidade semanal. Nos tempos que corren é inmoral que por catro horas de traballo ao mes se cobren case 800 euros, bastante máis que o salario mínimo interprofesional.

  Isto que estamos denunciando está vixente desde xullo de 2011, cos votos a favor do PP e a abstención dos grupos da oposición. Cómpre rectificar, xa!


Extracto da acta de aprobación.
. Por asistencias a órganos colexiados da Corporación os membros electos que non teñandedicación exclusivaou parcialpercibirán as seguintes contías:
         a) Por asistencias a sesións da Xunta de Goberno Local:
                                        196,00€.
         b) Por asistencias a sesións de Plenos, Comisións Informativas e Mesas de contratación:
                                           60,00€.
As asistencias aboaranse logo de aprobación por Resolución de Alcaldía

Dcto, acta (PDF): preme aquí



Link: ANOVA Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2397