Concello de Cedeira - BOP
Fecha Martes, 15 abril a las 09:05:12
Tema PHP-Nuke


Modificación da composición da Mesa Permanente de Contratación

ANUNCIO

Mediante acordo do PLENO da Corporación, na súa sesión ordinaria realizada con data vinte seis de marzo de dous mil catorce, foi adoptado o seguinte acordo relativo á “Modificación da composición da Mesa Permanente de Contratación”:

Primeiro.- Modificar a composición da Mesa de Contratación acordada en Pleno celebrado o 25 de xaneiro de 2012 quedando a partir de agora coa seguinte composición:

PRESIDENTE:

O Primeiro Tenente de Alcalde, ou concelleiro en quen delegue.

VOGAIS:

1º vogal: Dona Mª del Pilar Pérez Villar.

Suplente: Don Pablo Luís Nebril López.

2º vogal: O Arquitecto Técnico Municipal

Suplente: A Arquitecta Municipal.

3º vogal: A Secretaria da Corporación con funcións de asesoramento xurídico.

Suplente: O funcionario que sexa nomeado Secretario accidental.

4º vogal: O Interventor Municipal.

Suplente: O funcionario que sexa nomeado Interventor accidental.

SECRETARIA: A funcionaria encargada dos expedientes de contratación, Dna. María Montserrat Pérez Garrote.

Segundo.- Publicar anuncio referindo este acordo e a composición da Mesa Permanente de Contratación no BOP.

Terceiro.- Notificar este acordo aos membros da Mesa Permanente de Contratación.

Cedeira, 8 de abril de 2014
O Alcalde
Luis Rubido Ramonde

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2395