CONVIDACIÓN AOS ACTOS A PROL DA PRAIA DA MADALENA
Fecha Jueves, 10 abril a las 18:42:41
Tema PHP-Nuke


Temos o pracer de convidar, tanto ao seu colectivo como a vostede, a acompañarnos na charla coloquio de acceso libre e aberto, que a plataforma cívica SomosCedeira xunto á organización para a defensa ecolóxica de Galiza, ADEGA, imos desenvolver para informar da problemática da praia da Madalena de Cedeira, e da actividade feita a prol da súa recuperación.
Sería para nós un pracer contar coa súa presenza, xa sexa en calidade de representante dunha administración pública, dun partido político, sindicato, organización cívica ou como simple cidadán preocupado pola xestión racional do entorno natural, neste caso concreto.

As actividades previstas son as que seguen:
1.- CHARLA COLOQUIO, DIA 11, VENRES, 20 HORAS:
A charla e o debate terán lugar na cafetería do Auditorio Municipal (2º andar) no dia venres 11 de abril, nesta vila de Cedeira, ás 20 horas.
2.- CONCENTRACIÓN CÍVICA, DIA 17, XOVES (FESTIVO), 12 HORAS:

A concentración cívica terá lugar na Ponte Nova, entre a Praza do Peixe e a Praia da Madalena, no dia festivo xoves 17 de abril, nesta vila de Cedeira, ás 12 horas.

Para máis info, a coordinación dos eventos: 637 71 02 08
ADEGA + SOMOSCEDEIRA


© 2014 - SomosCedeira


Link: SomosCedeira +ADEGA






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2391