Concello de Cedeira - C.E. Persoal Laboral
Fecha Lunes, 07 abril a las 19:00:14
Tema PHP-Nuke


Comité de Empresa do persoal laboral do Concello de Cedeira

Nota de prensa:

Este comité de empresa ten coñecemento, a través dos medios de comunicación das acusacións vertidas en contra dun traballador municipal que non nomean de uso fraudulento dun vehículo, e vista a contestación do actual Alcalde do Concello de Cedeira a esta cuestión tamén a través da prensa queremos manifestar o seguinte:
  1. Se o grupo político que fai a denuncia publica ten probas desta irregularidade que as mostre senón teremos que entender que é unha vulgar calumnia, que os deixa cando menos en moi mal lugar.
  2. Se diga publicamente de quen están a falar por dúas razóns, a primeira para darlle oportunidade de defenderse a persoa aludida e a segunda para que esta situación non salpique o resto de profesionais e sembre a dúbida poñéndonos a todos no mesmo punto de mira.
  3. Estamos de acordo que se controlen situacións que podan ser irregulares pero garantindo o dereito o honor dos interesados.
  4. Preguntar o actual rexedor se a contestación dos medios de comunicación mostra de forma fiel as súas palabras, polo que de ser así poderiamos entender que alguén esta tendo trato de favor por parte do Concello, todos os profesionais deste Concello actúan coa dedicación necesaria e proporcional as tarefas encomendadas polo que estarían tamén no mesmo dereito se fose o caso de usar aleatoriamente os vehículos para o seu desprazamento os seus fogares.
  5. Demagoxia e populismo da boina entendemos son as situacións nas que os políticos inclúen nas súas axendas propagandísticas os profesionais da administración para edulcorar o “relaxin cup of café na Praza Roxa” de certas persoas predispostas a escoitar os razoamentos de pouca eficiencia pública, cando deberían defender xustamente o contrario, xa que contan con profesionais moi formados e con unha amplia experiencia de traballo.




Jose Angel Picos Loureiro – Presidente do Comité de Empresa do Persoal Laboral do Concello de Cedeira.







Cedeira a 7 de Abril de 2014

Link: CE Persoal Laboral Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2387