PSdeG-PSOE Cedeira - Praia da Madalena
Fecha Lunes, 31 marzo a las 19:21:12
Tema PHP-Nuke


         Fai uns días congratulabamonos polo anuncio que se realizaba desde o Concello e desde a Delegación de Costas de Galicia do anuncio de intervir na Praia da Madalena cun proxecto que, coa información presentada á prensa, aparecía como branda, respetuosa co areal e coherente co que algúns solicitábamos.
         Pero tras as noticias da fin de semana, de reunións ás que non se convoca nin informa aos representantes políticos que non pertencen ao PP, temos que rectificar. Pretenden meterlle a pala ao sistema dunar consolidado, para suavizar o noiro deixado polos sucesivos temporais que nos veñen castigando desde decembro. Declaramos a nosa máis firme oposición a que se toque unha soa pranta das dunas que ainda permanecen en pé.
         Nos anos precedentes, a Delegación de Costas mirou para outro lado mentres os tractores do Concello do PP rebaixaban o cume da duna para facer o mesmo que nestre intre pretenden, pero agora, a gran escala, poñendo miles de euros dos contrubuíntes para facer mal e mercar vontades.
       O Sr. Rafael Eimil, con esta nova irrupción, consagra a súa actitude de menosprecio polo auténticamente importante para a ría de Cedeira. Nas pasadas semanas puxo de manifesto o descoñecemento do seu departamento, tras moitos anos de xestión ao frente de costas, presentando a súa “memoria resumen de actuaciones en la morfología en la playa de la Magdalena en Cedeira”. Vémonos na obriga de pedir a súa dimisión, de forma inmediata.
       Insistimos, protexer a base do sistema dunar mediante obstáculos coma os sacos de área ou puntais móbiles acompañado trasvase estudiado e cuidadoso de área de lugares de acumulación, é o máximo ao que, por via de urxencia estamos dispostos a admitir. Dixémolo en todos os ámbitos e repetímolo. Non inventamos nada novo. En publicacións de agrupacións vencelladas a Cedeira está igualmente exposto, e basta con consultar internet e observar as referencias que alí se fan a respecto doutras praias en Europa.

En Cedeira, a 31 de marzo de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© 2014 - PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF) : preme aquí



Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2386