Concello de Cedeira - PLENO - Moción PSdeG-PSOE
Fecha Jueves, 27 marzo a las 16:16:05
Tema PHP-Nuke


De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de CEDEIRA desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción: INSTAR AO GRUPO DE GOBERNO Á PARALIZACIÓN DA AMPLIACIÓN DAS BEIRARRÚAS EN LUGARES INNECESARIOS E CONTRAPRODUCENTES

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

         A utilización do erario público para obras non prioritarias pon de manifesto a carencia dun proxecto colectivo para Cedeira por parte do PP. Máis alá das ocurrencias de quen non sabe onde gastar os moitos impostos cos que se está a castigar ao cidadán, está supoñendo un novo escándalo que engadir á suma de despropósitos de Rubido:

         1. Imposición dun proxecto que, no mellor dos casos, poucos, se limitou a entregar copias dun proxecto acabado, pero que careceu da necesaria participación da cidadanía.

        2. Intervense na superficie, cando o subsolo está repleto de deficiencias que repercuten en problemas sanitarios que non podemos permitirnos.

        3. Ampliación de beirarrúas rompendo a traxectoria natural de circulación para favorecer a activistas do PP, levantando obstáculos onde comezan a proliferar accidentes de tráfico.

        4. Desaforada inversión en lugares onde as beirarrúas son abondosamente amplas, mentras outras, de maior veciñanza son condenadas á carencia ou á ridiculez de 80 cm.

        5. Desaparición de prazas de aparcamento, ali onde fan falla, alí onde os transeúntes, o comercio, a restauración ou a xestión bancaria o requiren. En lugar de implantar o sistema de aparcamento regulado e temporalmente limitado, o Concello opta pola eliminación total en lugares onde son necesarios.

        6. Dificultades para o tráfico de gran tonelaxe, cara o porto ou os ámbitos forestais de Régoa, Santalla, Piñeiro, San Román ou Montoxo.

        7. Ausencia dun proxecto integral que afronte as dificultades de mobilidade en todo o casco urbano, vías de circulación dos alumnos de primaria, secundaria ou persoas discapacitadas.

        8. Ausencia dun proxecto integral que afronte a circulación de coches de pequeño e gran tonelaxe.

        9. Ausencia dun proxecto de de transporte alternativo coma o das bicicletas.

        10. Menosprecio polo transporte colectivo dos autobuses ao que se lle condena a paradas que obstaculizan o tráfico xeral.

MOCIÓN

        1. Paralizar as obras non executadas e proceder a abrir un proceso de diálogo coa cidadanía para utilizar de maneira democrática os moitos fondos que os abusivos impostos están a xerar.

        2. Impulsar de forma dialogada un PLAN XERAL DE MOBILIDADE URBANA E INFRAESTRUCTURAS, que ao mesmo tempo que o PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL, teña en conta as necesidades de cada rúa, de cada sector poboacional, infancia, discapacitados, maiores, etc. así como coches particulares, gran tonelaxe, etc.

En Cedeira, a 25 de marzo de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© 2014  PSdeG-PSOE
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2384