Festa do Deporte - Concello de Cedeira
Fecha Domingo, 16 marzo a las 19:02:04
Tema PHP-Nuke






O deportivista Juan Domínguez, con Luis Suárez
©CÉSAR TOIMIL
© 2014 - La Voz de Galicia

Cedeira acolle este domingo, 16 de marzo, a XIII edición da súa Festa do Deporte. Unha cita promovida polo Concello e os clubes e entidades deportivas da localidade para recoñecer o esforzo, méritos e outros valores dos mellores deportistas cedeireses do ano. Tras catro anos de paréntese, a retomábase no 2012.

E, tanto nese ano coma o pasado, os veciños secundaban masivamente a cita. Neste 2014, a Festa do Deporte deu comezo ás cinco da tarde no Auditorio Municipal, coas actuacións dos grupos de danza Miscelánea e Brío. Novamente, o presentador será Pipo Arribe, comunicador e compoñente do espazo de Radio Voz «Corre Carmela que Chove».

Dará paso ás proxeccións nas que se repasarán os logros colleitados por cada un dos premiados en remo, fútbol, deportes adaptados, bádminton, natación, fútbol sala e karate. Todos eles, propostos polos seus respectivos clubes e, de entre todos, elixiráse ao Mellor Deportista Cedeirés do ano 2013. Premio que entregará o alcalde, Luis Rubido.


Durante a Festa, Concello e clubes recordarán as orixes desta celebración a través dunha sentida homenaxe. E, como novidade, este ano a festa contará cunha nova sección: as mencións especiais, nas que se destacará o traballo e bo facer doutros deportistas e xente relacionada coa familia deportiva cedeiresa. Como vén sendo tónica habitual, non faltarán deportistas da elite nacional, que participarán na entrega de premios. Entre eles, Javier Gómez Noya, que enviará dende Nova Zelanda ?onde realiza os seus adestramentos para o Campionato do Mundo de Triatlón- as súas felicitacións e tamén apoio aos deportistas locais. O exdeportivista Joan Capdevila e o seu compañeiro de equipo Sergio García tamén participarán na entrega dun dos premios a través da pantalla xigante instalada no Auditorio Municipal. E o deportivista Juan Domínguez acudirá de novo á vila nesta cita. Premiados Remo masculino: Andrés Lozano Yáñez e Adrián Fernández Costa. Medalla de ouro na regata preparatoria para o Campionato galego de remo olímpico; medalla de ouro no Campionato galego de remo olímpico; 6º posto no Campionato de España. Remo feminino: Juliana Gomes Arezes Costa. Campiona provincial e galega de remoergómetro; campiona galega de remo olímpico; 5º posto no Campionato de España. Karate: Equipo sénior da Escola de Kárate Cedeira (Noemí Lourido López, Juan Manuel Prieto Martínez, Antonio José Prieto Martínez, Higinio Casas Regueira e José Luis Pérez Rodríguez). Pola súa constancia, esforzo e valentía. Deportes adaptados: Tomás Lafuente Agrasar. Campión da Liga provincial de fútbol sala; campión da Liga provincial de baloncesto; campión autonómico da Liga de baloncesto de Special Olympics; campión autonómico de fútbol sala Special Olympics; campión autonómico de baloncesto Special Olympics; 2º posto en 800 metros no Campionato autonómico de atletismo Special Olympics; 3º posto en lazamento de peso no mesmo campionato; 2º posto en relevos 4x25 e 50 m libres no Campionato autonómico de natación Special Olympics; 2º posto en relevos 4x50 e 3º posto en 50 m libres no Campionato autonómico de natación de FEGADDI. Bádminton feminino: Irene López Martínez. Medalla de bronce no Campionato galego cadete en 2013 e medallas de ouro individual cadete no Intercomarcal e Provincial. Bádminton masculino: Yago Rivas Ramos. Campión galego cadete en 2013 e medallas de ouro individual cadete no Intercomarcal e no Provincial. Fútbol-Sala: Nicolás Vergara Quintiana. Xogador do Cidade de Narón FS, actualmente en 2º División e con serias posibilidades de ascender de categoría esta tempada, foi convocado coa selección galega de fútbol sala nas últimas dúas tempadas, proclamándose en ambos casos campións de España. Fútbol: Miguel Ponce Pérez e Francisco Pernas Piñón. Pola súa progresión extraordinaria, que os levou a participar na selección comarcal de Ferrol e, dende o pasado mes de decembro, a adestrar co equipo cadete do Racing de Ferrol. Natación: Equipo das categorías base do Club Natación Cedeira-Muebles García. Clube Campión por puntos no 2º Acuatlón Vila de Cedeira; Clube Campión por puntos na 17ª Travesía a nado de Cedeira; 3º clasificados na categoría promesas no Trofeo Nadador Completo da Coruña. Mencións especiais Mellor equipo veterán: Tripulación da Iola (Angel do Mimo, José M. Piñeiro Guergué, Damián Rodríguez Garrote, Eduardo do Mimo e Andrés Lozano Casal). Campións galegos de Iolas no 2013. Subcampións de España. Mellor equipo promesa: Equipo cadete-infantil de Bádminton (Irene López Martínez, Beatriz García Pérez, Leonardo Sampaio García, Yago Rivas Ramos e Daniel Montero Cotelo). Recoñecemento aos títulos acadados co ouro individual de Yago Rivas no Campionato galego (cadete); a prata de Leonardo Sampaio (cadete); o 3º e 4º postos de Irene López e Beatriz García (cadete) e a prata de Daniel Montero (infantil). Mellor promesa feminina: Lucía Vázquez Pérez (Bádminton). 1ª clasificada no Campionato Intercomarcal na categoría alevín e medalla de ouro no Campionato provincial. Mellor promesa masculina: Pablo Freire García (Atletismo e natación). 1º posto no Memorial Alejandro Lorenzo (Campionato galego de cross corto); Campión provincial de cross escolar; subcampión provincial en 60 m lisos; 2ª mellor marca provincial en salto de lonxitude con 3,80; primeiro posto na Carreira nocturna de Ferrol e na Coruña 10

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2381