"" Recuperar a Cedeira """
Fecha Domingo, 16 marzo a las 18:27:15
Tema PHP-Nuke


Fernando Vázquez Vicepresidente de Exportadores

A Fernando Vázquez, Loito, o Muro vénlle de herdanza. «O meu pai deixouse parte da súa vida nestes peiraos... e creo que continuamos sendo tan competitivos ou máis que outrora», di

-Si, competitivos si, pero a merluza de Cedeira xa non se poxa aquí.

-A flota de Cedeira está no seu dereito de elixir o seu punto de venda. Estamos nun libre mercado e cada armador vende onde mellor lle parece. Aínda que creo que a medida forma parte dunha alternativa pasaxeira, de rendibilizar unhas instalacións recentemente construídas. Dunha proba piloto.

-Entón, aínda pode volver a merluza de Cedeira ao Muro?

-É a súa decisión e respectámola. Pero desde a comunidade pesquera do peirao da Coruña temos claro que tratamos de recibir o mellor posible a aqueles que queiran vender no Muro. E ademais, creemos que desde as nosas instalacións podémoslle ofrecer os mellores servizos para que tanto os armadores e marineros, como os compradores e o consumidor final saian beneficiados.

-Cre que outras flotas, Corme, Laxe, Muxía ou Camelle poidan deixar de vender na lonxa da Coruña?

-Non, non barallamos esa posibilidade. Somos moi competitivos. Insisto, tanto nos servizos que pode prestar Lonxa da Coruña como os prezos que os compradores coruñeses podemos ofrecer somos un referente.

-Localismos?

-Iso é. O Muro é unha lonxa coñecida en toda España. Nesta praza concéntranse os mellores exportadores e minoristas do sector pesquero. Quen vai apostar mellor por as capturas do noso mar? Somos positivos, moi positivos. Creemos nas nosas posibilidades e en toda a infraestructura que nos ofrece Loxja da Coruña para continuar sendo un referente na pesca.


© 2014 - La Voz de Galicia


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2380