Vendas
Fecha Domingo, 16 marzo a las 18:19:54
Tema PHP-Nuke


Severino Ares é o presidente da Lonxa da Coruña. Pero non o é porque si. Ten ese cargo porque medrou no Muro. Entende que cada porto queira vender as súas capturas nas súas respectivas lonxas. Pero pregúntase «si esa será a fórmula máis positiva para o sector pesqueiro».

-Cedeira xa non vende a merluza no Muro?

-Desde Lonxa da Coruña respectamos a decisión da flota do porto de Cedeira.

-Son ao redor de 5 millóns de quilos ao ano.

-As estatísticas están aí. Creo que malia a decisión da flota de Cedeira de non vender a merluza, desde principios do ano, dos temporais e da crise do cerco, non nos resentimos en canto ao volume de mercancía. E menos a nivel económico.

-É certo. De feito, no que levamos de ano se facturaron 3,32 millóns de euros de merluza. No mesmo período do ano pasado foron 2,82.

-Vostede o di. melloramos, e moito, en canto ao prezo medio da merluza en primeira venda. Durante os primeiros tres meses do ano pasado o quilo de merluza poxouse a 3,63 euros o quilo. No mesmo período do ano pasado o valor fora de 2,92.

-Volverá a merluza de Cedeira ao Muro?

-Os barcos van á vender a lonja na que mellor se pagan as capturas.

-Volverán os volanteiros de Cedeira?

-Lonxa da Coruña ten uns extraordinarios servizos. Temos moita sorte en contar cos mellores exportadores e minoristas do sector. Iso é o que lle ofrecemos aos nosos compañeiros de Cedeira e doutros portos.

Severino Ares Presidente de Lonxa da Coruña


© 2014 - La Voz de Galicia


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2379