Plataforma cívica
Fecha Viernes, 07 marzo a las 18:45:44
Tema PHP-Nuke


Representantes da Asociación de Veciños de Piñeiro xunto coa Anova, BNG, EU e PSOE, veñen de constituír unha plataforma cívica e aberta tanto ás demais asociacións de Cedeira como a toda a poboación en xeral.

O primeiro obxectivo da Plataforma é reivindicar a busca de solucións tanto a medio como a longo prazo para a praia da Madalena.

Os distintos grupos que conforman a Plataforma, rexeitan a memoria da Demarcación de Costas de Galicia,e esixen a realización dun estudo actualizado, científico e rigoroso no que entenden que deberían colaborar as Universidades Galegas.

Así mesmo solicitarán a convocatoria dun pleno extraordinario para debater sobre o problema da praia, no que se buscará ademais o consenso co grupo de goberno municipal popular, para intentar a procura entre todos da mellor solución posible para a praia.Dependendo do desenvolvemento dos acontecementos a Plataforma non descarta outras medidas de presión encamiñadas a conseguir resposta tanto do goberno municipal como da Demarcación de Costas de Galicia.



Link: MJR






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2375