PSdeG-PSOE Cedeira - Comunicado
Fecha Miércoles, 26 febrero a las 17:54:35 Tema PHP-Nuke
ASUNTO: COMUNICADO PÚBLICO, UNHA VEZ MÁIS: “UN RIO CONTAMINADO, UNHA RIA ENFERMA”
Fotografías, videos, artigos periodísticos, analíticas oficiais, repítense unha e outra vez, amosando un rio contaminado e una praia con excrementos que a todos avergoña. Esta non pode ser a marca que una Cedeira turística e exportadora pode extender polo país. Tampouco é solución o silencio nin o mirar para outro lado. A porquería sempre acaba por sair, como aquí está a suceder de maneira demasiado frecuente.
Se non somos capaces de facerlle frente ás treboadas que con tanta frecuencia irrumpen na nosa xeografía, a depuradora non dará feito, e ante a perspectiva de colapsar, ten que pechar as portas. Témolo dito, por activa e por pasiva, nos plenos, nas oficinas, na prensa, en todos os sitios, ou contamos cun “tanque de tormentas” ou “separamos” as augas sucias que irán á EDAR, das limpas que irían ao rio.
O actual goberno, con 33 meses ás costas, foi incapaz de continuar o proxecto separativo de quenes os precederon, e non adicou un so euro ao alcaltarillado. Todo está paralizado, e seguramente deteriorado, tanto o urbano coma o rural. O Sr. Rubido en Santiago prefire compadrear en lugar de esixir e, en Cedeira, cos cartos dos veciños, remozar aceras que dificultan a circulación e eliminan aparcamentos.
Cando entenderá o PP local que hixienizar o subsolo e limpar as tubaxes obstruídas pode non dar votos, pero é imprescindible e urxente.
Resultados da analítica realizada por Augas de Galicia o 19 de setembro, a medio dia, nunha tubaxe que sae ao rio
Coliformes fecais ˃1000000 ufc/100ml DQO 45 mg O2/l E.coli ˃1000000 ufc/100ml Enterococos ˃150.000 ufc/100ml Estreptococos fecais ˃160.000 ufc/100ml Sólidos en suspensión 8,40 mg/l
En Cedeira, a 26 de febrero de 2014 JOSÉ LUIS VERGARA REY (portavoz) © 2014 - PSdeG-PSOE Cedeira Dcto. orixinal (PDF); preme aquí
Link: PSdeG-PSOE Cedeira
|
|