PSdeG-PSOE Cedeira - MAIORES
Fecha Lunes, 17 febrero a las 17:57:03 Tema PHP-Nuke
O próximo 21 deste mes, o venres que ven, a “Asociación de Maiores de Cedeira” vai facer una cea de antroido no auditorio, na cafetería-restaurante que o concello construira noutrora para o seu uso e disfrute. Esta “nova” entidade, constituída a raíz do atropelo que o goberno municipal pretendía facer coa veciñanza de idade, fai un novo xesto de afirmación, revestido de exemplo, alegría e austeridade. Desde o sentemento socialista, debemos saudar con ledicia a creación desta asociación que agrupa aos retirados, homes e mulleres de Cedeira, converténdose así en parte activa da vida municipal. Abandonan o papel pasivo de quen nada espera e sitúanse ao nivel de quen quere ser escoitado e preguntado. Estes, os homes e mulleres do auditorio, xa non se resignan a que os leven dun lado para outro, coa disculpa mentireira de facerlles un favor. Non queren que ninguén lles diga “come e cala”. Traballaron duro toda vida para poder pagarse a bola de azúcar e teñen tanto saber nas costas, que xa non están dispostas a que se ande con elas como se carecesen de criterio. A nosa xente maior, o mellor que posúe Cedeira, unha vez máis, márcalle o camiño aos que vimos á tras. Frente a quen os quere colocar no escaparate e que nunca poderá xustificar o despilfarro e os favores á familia, os “novos de máis de 60”, que levantan esta asociación, eríxense en modelo a seguir. Con este acto e cos que no futuro impulsarán, con axuda do concello ou sen ela, a xente maior de Cedeira que decideu continuar coas súas actividades nas magníficas instalacións que o propio concello lles construíra no pasado, leva a cabo un xesto de afirmación, pacífico e festeiro de enteireza e dignidade que non poderá ser empañado por nada nin por nadie. Van rir, cantar, e comer, e farano con 12 euros que sairán dos petos dos asistentes. Alí estaremos.
En Cedeira, a 17 de febrero de 2014 JOSÉ LUIS VERGARA REY (portavoz)
Link: PSdeG-PSOE Cedeira
|
|