PSdeG-PSOE Cedeira ::::: AC566
Fecha Martes, 11 febrero a las 23:10:37
Tema PHP-Nuke









© 2014 PSdeG.PSOE Cedeira



ASUNTO:
COMUNICADO SOBRE a estrada ac-566, Ferrol-Cedeira, perigo certo, engano reiterado.


         A solución adoptada pola Xunta de Galicia para a nosa principal vía de comunicación, a estrada que nos une a Ferrol, amosa o seu verdadeiro rostro pasados uns meses da súa execución. O alquitrán que botaron estáselles levantando e o asfalto que deixaron sen tocar está cuarteado e con perigo evidente de accdentes.

         Coa perda da presidencia da Xunta de Galicia de Emilio Pérez Touriño, abandonáronse os proxectos que supoñían para Cedeira e a nosa comarca avances claves na nosa comunicación. Polo nordeste, quedou en nada a via de alta capacidade que , desde o Campo do Hospital, que nos levaba ao norte da península e a Ferrol, e ao mesmo ritmo de esquecemento quedou a a AC-566 que só mereceu un vergonzante parcheo.

        Presentamos mocións ao pleno da corporación municipal, escribimos denuncias na prensa, propuxemos emendas no parlamento de Galicia e o PP, de Galicia e o presidido por Rubido tamén, seguen a rirse de todos e cada un dos cidadáns que se ven na necesidade de ir a Ferrol, á residencia, a traballar, a estudiar,…

        O noso novo e flamante alcalde é comprensivo co goberno de Feijoo. É comprensivo co desprezo con que tratan esta esquina desde Santiago. Eles falan de crise, de dificultades económicas, como se non soubésemos que para outras vías sí hai finanzamento. Mentres tanto, Luis Rubido, en lugar de poñerlles o frente, de defender os intereses de Cedeira, doblégase e agáchase na crise.

         Ninguén nos vai enseñar sentido común aos socialistas. Sabemos que para chegar á meta é necesario percorrer un camiño. Propuxémoslles ir pouco a pouco, pero queremos avanzar. Queremos que o firme sexa seguro, que a variante de Valdoviño sexa incorporada nos orzamentos, que a variante de Cedeira que comunique Esteiro co parque empresarial sexa una realidade, que os catro ou cinco lugares onde se podan incorporar carrís de adiantamento sexan deseñados.

        Queremos que empecen por onde queiran, pero que avancen, que fagan algo en Santiago e en Cedeira deixen de ser cómplices. E, desde a oposición, desde a cidadanía tamén nos sintamos obligados a por o que nas nosas mans estea para facer entrar entrar en razón a esta xente que parece non entender outras maneiras que non sexan as de saír á rúa.

En Cedeira, a 11 de febrero de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY (portavoz)


© 2014 PSdeG.PSOE Cedeira

Dcto. orixinal (PDF): preme aquí



Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2368