POSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE A PRAIA
Fecha Sábado, 08 febrero a las 23:08:16 Tema PHP-Nuke
ASUNTO: POSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA AFRONTAR O DETERIORO DA MAGDALENA.
A. CONCLUSIÓNS sobre o proxecto presentado pola Demarcación de Costas de Galicia, titulado, “MEMORIA RESUMEN, actuaciones en la morfología en la playa de la Magdalena en Cedeira”
B. PROPOSTAS de actuación.
A. CONCLUSIÓNS sobre o proxecto presentado pola Demarcación de Costas de Galicia, titulado, “MEMORIA RESUMEN, actuaciones en la morfología en la playa de la Magdalena en Cedeira”.
1. En canto á dinámica mariña, elemento primordial para preparar a toma de decisións, ten máis de conxeturas que de certidumes contrastables. 2. Posúe certos elementos descriptivos de importancia, pero solamente inmersos nun estudio máis consistente, cobrarían valor. 3. É contradictorio na diagnose e non pondera nin prioriza os elementos causales, en que medida é responsable o espigón, o ascenso do nivel das augas, a urbanización da praia natural, etc. 4. Non afronta o tema de maneira integral. Non considera a ría como un sistema composto de moitos elementos interconectados. 5. Non xustifica algunhas das propostas planteadas, como a do dique fluvial. 6. Falla de concreción na “eliminación da vexetación exótica” sen considerar que desmantelar a cuberta vexetal tornará en máis inestable o subsistema dunar. 7. Algún parágrafo parece aceptar a posibilidade de utilizar area externa, cuestión que nós non contemplamos. O trasvase, inevitable e urxente, deberá ser interior.
B. PROPOSTAS de actuación
Efectivamente, quen propón a necesidade de realizar un estudio de impacto ambiental, non vai por mal camiño. Toda intervención desta natureza leva implícito, por esixencia legal, a súa avaliación de impacto. Pero incluso isto, como elemento precautorio parécenos pouco. Non se trata xa de avaliar a proposta de Costas, senón de paralizar de inmediato toda intervención dura, de efectos desfavorables descoñecidos e de dubidosos efectos positivos.
Costas debe concitar o concurso de toda a comunidade científica, técnica, económica, social, cultural e institucional implicada. Dicimos Costas porque de forma global cremos que ela é a máxima responsable, pero dicimos tamén Portos de Galicia, Concello de Cedeira, Cofraría de Pescadores, etc.
Mentras tanto hai que tomar, de maneira imediata, decisións, reversibles, blandas que aprendendo de experiencias levadas a cabo noutros países nos permitan afrontar o verán con certas garantías. Algúns científicos implicados na problemática local cedeiresa apuntaron xa posibles camiños. Reiteramos o carácter imediato na consideración de que estamos frente a unha situación de emerxencia, trasvase interior e sacos de área autóctona protexendo a duna. Esta medida non requeriría avaliación de impacto ambiental.
Marcarse un período de tempo para determinar de forma colectiva, con claridade e transparencia, o estado do “sistema ria de Cedeira” e determinar o que esperamos dela, para o que non deberiamos invertir mais duns meses.
Tomar decisións a longo plazo, como comunidade que teñen que ver con medidas urbanísticas, plans de mobilidade, papel da zona portuaria, reserva mariña, explotación turística, elementos de identidade etnográfica, etc.
E Cedeira, a 6 de febreiro de 2014 JOSÉ LUIS VERGARA REY Portavoz © 2014 -PSdG-PSOE Cedeira Dcto. orixinal (PDF): preme aquí
Link: PSdG-PSOE Cedeira
|
|