MOCIÓN SOCIALISTA NO PLENO ORDINARIO DE 29 DE XANEIRO
Fecha Sábado, 08 febrero a las 22:42:14
Tema PHP-Nuke


De acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de CEDEIRA desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción: POSTA INMEDIATA A DISPOSICIÓN DA XUNTA DE GALICIA DO SOLO PARA A CONSTRUCCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nos orzamentos da Xunta de Galicia do 2010 xa figuraba o novo Centro de Saúde de Cedeira e o Concello xa tiña posto a disposición da Consellería de Sanidade o solo necesario para a súa construcción. Só restaba un último impulso por parte da Xunta, que foi dado cando se firmou o convenio co Ministerio de Agricultura de Madrid, a principios do 2012, para construir ou mellorar centros de saúde, según os casos, en diferentes localidades de Galicia.

Mentras o alcalde recoñecía na prensa descoñecer todo ao respecto, Cedeira aparecía situada de maneira moi ventaxosa con case dous millóns e medio de euros para a construcción dun centro de saúde.

Desde entón, o PP cedeirés estalle dando voltas á peonza nun baile macabro, 15 concellos de Galicia, que iban no mesmo saco que nós, teñen avanzados os seus novos edificios ou as remodelacións correspondentes, según os casos. Eles fan o que teñen que facer, traballar con presteza, porque os cartos que hai hoxe, poden non estar mañán e en xusta lóxica quen non amosa interés acaba por ser esquecido e substituído por outros máis dinámicos e traballadores.

O grupo municipal do PP entorpeceu o proxecto desde o primeiro momento. Utilizou todo tipo excusas que nos siguen situando no punto cero. Pechan os plenos para non deixarnos preguntar e ante a prensa escúdanse na largueza dos prazos, como se a rehabilitación dos nosos maiores permitise demoras. Non señoras e señoras do PP, nisto tamén están sendo irresponsables por deixar durmir, esperemos que non morrer un importantísimo proxecto vital para a atención sanitaria de Cedeira e tamén, e hai que dicilo, para o traballo e as pequeñas empresas subministradoras de Cedeira. Por todo elo o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA propón para a súa aprobación polo pleno a seguinte
MOCIÓN

1. Instar ao grupo de goberno do PP a posta inmediata a disposición da Xunta de Galicia do solo necesario para a construcción do Centro de Saúde.

2. Instar ao Grupo de Goberno do PP a acordar coa Xunta de Galicia a incorporación do proxecto de Construcción do Centro de Saude de Cedeira nos próximos orzamentos.

En Cedeira, a 23 de xaneiro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


© 2014 - PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2362