Aparellos de ximnasia adaptados á terceira idade.
Fecha Viernes, 24 abril a las 10:50:25
Tema PHP-Nuke


As concellarías de Servizos Sociais e Deportes do Concello de Cedeira obtiveron unha subvención de case 8.000 euros da Deputación da Coruña para comprar un total de doce aparellos de ximnasia adaptados á terceira idade.
Xermán Tobío, concelleiro no Concello de Cedeira, asegura que as máquinas se empezarán a colocar no día de hoxe", polo que " poderán utilizarse a partir do primeiro fín de semana do mes de maio".
O seu lugar no municipio será o paseo da Magdalena, próxino a un parque infantil.

Con iso "pretendemos que os avós, que actualmente adoitan coidar dos netos, poidan tamén facer exercicio mentres coidan dos pequenos", afirmou Tobío.
Os doce aparellos de ximnasia servirán para combater o reumatismo e favorecer a elasticidade dos maiores, segundo explica o concelleiro cedeirense. Tamén poderán gañar forza en pernas e brazos e mellorar a musculatura e a coordinación xeral.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=236