EDAR
Fecha Miércoles, 15 enero a las 12:31:28
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, Luís Rubido, reunirase a próxima semana con responsables das empresas concesionarias do mantemento da EDAR -unha UTE formada por Taboada e Ramos Macraut- e da estación de bombeo -Viaqua- para intentar buscar unha solución aos problemas de funcionamento detectados nesta última infraestructura e que puntualmente orixinan un vertido ao río Condomiñas.

O último episodio produciuse o pasado Nadal, cando debido a un corte no fornezo eléctrico sumado a varias xornadas de abundantes choivas -teñen que confluír ambas circunstancias-, ao incrementarse o nivel do auga nos tanques da estación de bombeo esta aliviou ao río, vertiendo residuos flotantes -en forma de pelotas de graxa- ao mesmo.

"Estamos enfadados coa situación", puntualizou o regidor, "as empresas están simplificando o problema pero imos ver si hai que corrixir deficiencias, si se trata dun fallo de xestión ou humano ou é que hai que completar a infraestructura", explicou. Só neste último caso trasladarían a problemática a Augas de Galicia, organismo con competencias na materia e desde onde onte confirmaban que "o problema non procede da EDAR senón da instalación de bombeo" e que xa que logo é unha cuestión que debe de resolver o Concello e a empresa concesionaria da súa xestión, neste caso Viaqua.

Así mesmo fontes do departamento dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras puntualizaron que "xa non hai ningún problema e que o vertido emendouse".

Con todo, os veciños puntualizan que se trata dunha situación recurrente que se pode chegar a producir varias veces ao ano. De feito o exalcalde socialista José Luís Vergara recordou que durante o seu mandato tiveron que chegar a pechar a praia da Magdalena en pleno verán debido a un episodio de contaminación e insisten en que o goberno debe continuar co plan de separación de pluviales e fecales "que lles deixamos preparado".

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2355