San Andrés de Teixido :::: €€€€€€€€ ::::
Fecha Martes, 14 enero a las 06:38:07
Tema PHP-Nuke


Co obxecto de converter San Andrés de Teixido nun exemplo da arquitectura tradicional galega, o alcalde de Cedeira, Luís Rubido, mantivo a pasada semana unha reunión coa delegada territorial da Xunta, Belén do Campo e cos propietarios dos postos de venda situados na contorna do santuario.

A intención da administración local é solicitar o apoio económico do goberno galego para continuar co proxecto de posta en valor do lugar iniciado o ano pasado con mellóraa das fachadas das 22 vivendas unifamiliares que compoñen o núcleo poblacional. Unha actuación que foi financiado pola Axencia de Turismo de Galicia con 100.000 euros.


A Xunta de Galicia comprometeuse agora a darlle continuidade a este proxecto rehabilitador actuando sobre elementos arquitectónicos como hórreos ou fontes do lugar.
Durante a reunión mantida con Belén do Campo, tamén se acordou a homogeneización dos postos de venda presentes na contorna do santuario, unificando a súa estrutura e dotándoos de personalidade propia. Neste caso, Do Campo tamén comprometeu a colaboración económica da administración autonómica.
No encontro tamén participou unha representante da Fundación Artesanía Galega coa que se tratou a necesidade de potenciar a venda de produtos de artesanía autóctonos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2354