CN Cedeira
Fecha Jueves, 09 enero a las 12:38:15
Tema PHP-Nuke


O Natación Cedeira Muebles García quere revitalizar a práctica deportiva na localidade á vez que intensifica a actividade da súa recientemente creada sección de atletismo.

Con este obxectivo, o equipo directivo e, principalmente, o agora responsable deportivo da entidade, Xan Suárez, deseñaron un completo programa de propostas en forma de circuíto que se estende ao longo do presente ano -a última delas será o próximo mes de novembe-.




Así, a San Silvestre que tivo lugar na vila abriu un listado de citas para os deportistas de todas as idades -desde pitufos ata veteranos- que se retomará, xa no mes de maio, coa celebración da primeira de sete carreiras populares que discorrerán por outras tantas parroquias cedeiresas, competicións que se farán coincidir coa celebración dos seus patróns -San Isidro San Antonio, San Roque, etc..-. Ademais, instaurarase un Día da Bicicleta coincidindo co inicio da tempada de verán e incluír dentro do programa unha nova convocatoria do Acuatlón de Cedeira, que vivirá a súa terceira edición.
Non se abandonará con todo a natación estrictamente falando, xa que o club avanzou que se retomará a tradicional Travesía á Nado para o segundo fin de semana de agosto, xa en plenas festas da vila. A entidade, así mesmo, aventúrase na nova modalidade de "trail" -senderismo competitivo- cunha ruta que terá como meta San Andrés e que pechará o circuíto a finais do mes de novembro. A proposta do Natación Cedeira Muebles García terá un ganador final atendendo aos puntos que sume nas distintas propostas.



Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2350