Mámoa
Fecha Viernes, 24 abril a las 09:24:51
Tema PHP-Nuke


Operarios municipais acharon nos últimos días unha mámoa nunha leira de propiedade municipal no monte Brañón, e da que non se tiña constancia até a data. O consistorio ordenou precintar a zona para evitar que os restos poidan sufrir algún dano por parte dos camións que traballan no lugar.

A vila de Cedeira pode sumar un novo achado ao seu xa importante patrimonio arquitectónico e cultural tras a aparición dunha nova mámoa nunha parcela de propiedade municipal no monte Brañón.

O alcalde da vila, José Luís Vergara, manifestaba a súa sorpresa ante o que cualificou como un achado casual, xa que segundo explicou, nos últimos días estivo a traballarse na zona, nunha parcela adquirida polo goberno local ao comezo do seu mandato, "que nos custou moito traballo adquirir xa que tivemos que negociar con varios propietarios", indicou Vergara. Nestes terreos colocouse un depósito de auga para abastecer aos veciños da parroquia de Sisalde e no transcurso destas obras apareceu este resto arqueolóxico que, nun principio, ben podería pasar desapercibido xa que, segundo explicou o alcalde, "a primeira vista só se apreciaba un buraco no terreo".

O caso é que se decidiu contactar co Seprona para saír de dúbidas e axentes especializados, xunto con responsables de Patrimonio, chegaron á conclusión de que se trataba dunha mámoa.

Segundo confirmou o alcalde, a zona xa está debidamente precintada para que o tránsito de vehículos pesados no lugar non dane este sepulcro prehistórico, xa de seu en bastante mal estado. De feito, José Luís Vergara explicaba que das 150 mámoas existentes na vila, "case todas atópanse violentadas".

 Neste caso en concreto o monumento carece da pedra superior que caracteriza a este tipo de elemento funerario prehistórico.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=235