Marisqueo e pesca perden volume de negocio
Fecha Domingo, 05 enero a las 06:31:14
Tema PHP-Nuke


A crise económica e a recesión do consumo pasaron tamén a súa factura durante o último exercicio para o negocio da pesca e o marisqueo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

¿Cales son as causas de que se produza esta situación? Variadas. Como xa se mencionou, a crise económica pasa factura ao consumo e, polo tanto, tamén á pesca e ao marisqueo. Con todo, tanto en Cedeira como en Cariño se produciu un importante derrubamento na comercialización do percebe. Especialmente acentuado durante o mes de decembro, cando apenas se puido saír a faenar polas malas condicións meteorolóxicas.

No caso da vila cedeirense, desde a confraría espérase que coa posta en marcha da nova lonxa os números melloren durante este ano, xa que se prevé concentrar un maior número de vendas.


© 2014 - La Voz de Galicia



Así se desprende das cifras oficiais que manexa a Consellería do Medio Rural e do Mar. Nelas plásmase que durante o 2013 nas rulas de Barallobre; Cariño; Cedeira; Espasante; Ferrol; Mugardos; O Barqueiro e Pontedeume despacháronse un total de 2.061.130 quilos de produto por valor de 9,2 millóns de euros. No 2012 foran 2.299.376 quilos que xeraron case 10,6 millóns de euros. Noutras palabras, deixáronse de ingresar 1,4 millóns de euros. Unha importante cantidade de diñeiro.

Este é o dato do conxunto das oito lonxas da zona, aínda que non en todas o comportamento foi similar.

Os maiores derrubamentos na comercialización rexistráronse nas rulas de Cariño e Cedeira. Na primeira, no 2012 facturáronse algo máis de 1,5 millóns de euros fronte ao millón de euros do último exercicio.

Polo que respecta a Cedeira, pasouse de despachar peixe e marisco por valor de 5,2 millóns de euros a facelo por 4,5 millóns de euros.

Estas dúas zonas de venda foron as principais causantes de que as cifras globais teñan descendido. Na ría de Ferrol, tanto a confraría da urbe naval como a fenesa de Barallobre e a de Mugardos melloraron os seus resultados no 2013 ou, polo menos, mantiveron os seus números.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2348