O escolar de Piñeiro acollerá a escola de música
Fecha Jueves, 23 abril a las 09:12:15
Tema PHP-Nuke


A Concellería de Cultura do Concello de Cedeira, que dirixe Xemán Tobío (TEGA), acordou xunto co grupo de goberno (PSOE e BNG) acondicionar o antigo escolar de Piñeiro e convertilo na escola de música municipal no menor tempo posible.

O edil de Cultura a e Deporte lembrou que xa o ano pasado desde o departamento que dirixe fíxose realidade unha reivindicación que viña de antigo, a de aunar a maioría de tendencias musicais nun único espazo, que é a aula municipal de música. Nela intégranse as ecolas das diferentes agrupacións locias: a banda de música, a de gaitas e a Orquestra de Acordeóns Robaleira.

Asemade, Tobío insistiu en que logo da posta en marcha desta escola, que atende a un número superior aos 200 estudantes, o seguinte paso é dotar dun espazo físico a escola, que en breve se trasladará ao escolar de Piñeiro, un inmoble singular de máis de 100 anos de antigüedade.

Precisamente neste edificio abriuse fai algo máis dun ano unha sede para locais de ensaio de agrupacións folk ou rock, entre outras, que contribuiu, segundo explicou Xermán Tobío, “a dinamizar este tipo de iniciativas en Cedeira, cun incremento significativo de peticións de locais.Así, unha vez se acondicione o escolar de Piñeiro o inmoble dará cabida tanto as escolas como aos grupos que precisen dun local para ensaiar.

Na actualidade a escola municipal comprendía dous emplazamentos, no edificio da Confraría e nos ecolares vellos.


Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=234