BNG Cedeira - PLENO 26 decembro ::: NOVO ALCALDE :::
Fecha Jueves, 26 diciembre a las 15:54:31
Tema PHP-Nuke



INTERVENCIÓN PROGRANADA
DO BNG PARA O PLENO EXTRAORDINARIO DE ELECCIÓN E TOMA DE POSESIÓN DO NOVO ALCALDE DE CEDEIRA ::::: LUIS RUBIDO RAMONDE ::::


NON FOI PERMITIDA ESTA INTERVENCIÓN POLO GRUPO DE GOBERNO DO PARTIDO POPULAR DE CEDEIRA





Asistimos neste pleno á escenificación do que tanto se rumoreaba nas últimas eleccións municipais; “o sempre candidato do PP preséntase para cederlle o posto ao seu irmán”, dicíase daquela.

Parece que o PP, segundo as declaracións feitas polo exalcalde despois da súa renuncia, quixo apostar polo seguro presentándoo a el de cabeza de lista e non a Luis Rubido.

      - Van repetir a xogada nas próximas municipais?
      - Que opinarán os votantes do PP deste trueque?
      - É o grupo de goberno municipal e o PP consciente do incumprimento do seu programa eleitoral que non incluía o abandono do seu candidato á alcaldía no medio da lexislatura?


Para o BNG todo isto é unha mostra máis da forma de facer política do PP, ao que todo lle vale para gañar as eleccións.

O goberno do PP no Estado, na Xunta e neste Concello de Cedeira, só nos está a levar á maioría da poboación ao empobrecemento. Empobrecemento non só económico, senón tamén intelectual, sanitario e social.

As desigualdades sociais medran día a día, os ricos cada vez máis ricos, a clase media desaparece e os pobres cada vez máis pobres.

E que dicir do goberrno do PP neste pobo, pode que “desidia” sexa a palabra máis axeitada para definir o seu non servir aos intereses de Cedeira nun momento tan difícil para os sectores máis vulnerables.

Para este goberno municipal, é moi fácil gobernar con maioría absoluta, non contan coa opinión de ninguén, gobernan de espaldas aos seus viciños, non escoitan nunca á oposición, non son capaces de ter en conta as nosas críticas que ademais sempre tratan de ser construtivas.

Cando lles facemos preguntas, vostedes ou directamente non contestan ou falan dos gobernos anteriores sempre para intentar xustificar decisións que nadie entende nin comparte.

Vailles sendo moita hora de afrontar o presente e as decisións do seu goberno porque diso é do que deben dar conta.

No que levamos de lexislatura a súa acción de goberno limitouse á suba de todos os impostos e taxas municipais, incluído o IBI, á toma de medidas innecesarias e despilfarradoras, como o traslado do local de maiores, á desatención á política social, delegan en entidades benéficas o que tería que ser o traballo dos servizos sociais do Concello.

As medidas de reactivación da economía local, así como a atención e apoio ás persoas en paro, brillan pola súa ausencia.

O gravísimo deterioro da praia da Madalena parece non interesarlles, o mesmo que as pésimas condicións da estrada a Ferrol, a construción dun novo centro de saúde ou o mal funcionamento da depuradora.

Para o goberno municipal estes non son tema da súa incumbencia, tense que ocupar costas, Fomento, a Deputación… Póñanse dunha vez a traballar polo noso pobo! e impliquen ao resto das administracións (por certo en mans do seu mesmo partido polo que aínda se entende menos que vostedes non fagan nada) para que tamén o fagan.

Por todo o que acabamos de expoñer, o voto do BNG é en contra, non só do seu candidato senón do que está a supor o goberno municipal do PP para este pobo.

A ideoloxía do BNG, o noso modo de facer política, a nosa concepción da sociedade, a nosa defensa do público, da igualdade, do benestar social, da xustiza, dos dereitos da cidadanía, a nosa concepción de país, están nas antípodas do que representa o Partido Popular e a súa acción de goberno.


María Xosé Rodríguez Pérez, portavoz municipal do BNG de Cedeira.


© 2013 - BNG Cedeira
Dcto, orixinal (PDF): preme aquí


Link: BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2334