BNG Cedeira - O Gran Comenzo do Novo Alcalde
Fecha Jueves, 26 diciembre a las 12:57:01
Tema PHP-Nuke


O Gran Comezo do Novo Alcalde

Xoves, 26 de decembro de 2013, ás 10 da mañá está convocado un pleno extraordinario co obxecto de celebrar a “elección” de alcalde e a súa toma de posesión. A duración do pleno non pasou dos cinco minutos e o coste mínimo do mesmo para a veciñanza foi de 780 €.

O concelleiro popular, Luis Rubido, obtivo os votos a favor dos seus compañeiros de filas como estaba previsto, xurou o seu cargo como alcalde e deu por rematada a sesión.

Non houbo nin discurso de intencións pola súa parte, remitiuse ao discurso do seu irmán no seu acceso á alcaldía ao principio desta lexislatura, iso si sen citar nin unha frase do mesmo e acabouse.

Á oposición, PSOE e BNG, non se nos permitiu intervir, si estamos rematando o 2013, pero o xeito de facer política e de gobernar do PP neste pobo por si non había algunha dúbida de que era o propio de aló pola metade do século pasado, no pleno de hoxe deixáronnolo clariño.

Incrible pero certo, non se nos deixou falar, negóusenos o único dereito que temos e que debemos exercer nos plenos. Quedou de manifesto de novo que ao goberno que temos no Concello non lle interesa a opinión de ninguén. A oposición somos representantes públicos igual ca o grupo de goberno.

Temos a obriga e o dereito de expresar nas sesións plenarias, tanto o noso punto de vista político, ou a análise e crítica das decisións que toma o grupo de goberno municipal, como transmitir o que os nosos viciños e viciñas nos propoñen. Hoxe negóusenos abertamente ese dereito fundamental así que imaxinade o que nos queda no resto de lexislatura, a nós, neste caso falo da oposición e en concreto do meu grupo o BNG e a vos, á poboación de Cedeira.

O BNG ademais desta nota imos mandar a todos os medios aos que teñamos acceso a argumentación que tiñamos preparada para expor no pleno e mediante a que xustificábamos o noso voto en contra, entendido non só como o rexeitamento ao candidato popular, senon tamén ao que está a supor o goberno municipal do PP para este pobo.

María Xosé Rodríguez Pérez, portavoz municipal do BNG de Cedeira


© 2013 - BNG Cedeira
Dcto. orixinal (PDF) : preme aquí


Link: BNG Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2333