Concello de Cedeira - BOP
Fecha Jueves, 26 diciembre a las 12:23:36
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO DA EXTINCIÓN DA FUNDACIÓN PÚBLICA CULTURAL GERARDO VILLABRILLE

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 18 de decembro de 2013, adoptou o acordo provisional da extinción do organismo autónomo Fundación Pública Cultural Gerardo Villabrille, con CIF P-1500010-B, con efectos do 1 de xaneiro de 2014.

Resultado da extinción o Concello de Cedeira sucederá universalmente á Fundación Pública Cultural Gerardo Villabrille, no referente aos dereitos e obrigas, así como nos convenios e contratos que poidan estar pendentes.

Concédese un prazo de trinta días naturais para que os interesados poidan revisar o expediente e presentar alegacións. No caso de non presentarse alegacións, elevarase a definitivo o acordo provisional.

Cedeira, 18 de decembro de 2013.

Asdo.
O alcalde accidental
Alfredo Vilela Santalla

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2332