Concello de Cedeira - PLENO ::: " De patitas en la calle" :::::
Fecha Martes, 24 diciembre a las 18:50:11
Tema PHP-Nuke


«Despilfarro», «malgasto», «gasto desorbitado». Son algúns dos términos empregados pola oposición para reprocharlle ao PP o aluguer dun baixo
na praza Roxa para os maiores, por 48.000 euros en catro anos.

Luís Rubído nega que implique un maior desembolso para o Concello -«ao contrario, é menos que a subvención do auditorio, e ademais gañamos en superficie», asegurou-, para indignación do público presente na sala, a maioría usuarios do centro social do auditorio.

O BNG insistiu en que en 2014 custará polo menos 24.400 euros (aluguer, limpeza, consumo eléctrico, mobiliario e enseres), e o PSOE incideu en que o contrato de arrendamento «liga ao Concello por catro anos», goberne quen goberne.

A edila popular María del Pilar Pérez leu o escrito de cesión do terreo
para levantar o auditorio, condicionado polas Fillas de María Mediadora ao seu uso por «nenos, novos e adultos»; e dixo que cando os maiores se trasladaron do Palacete ao auditorio tamén se queixaron, o que lle valeu un duro reproche do público.

O portavoz do PSOE recordou o convenio de cooperación entre as consellerías de Sanidade e Familia e o Concello de Cedeira para a construcción «dun centro sociocultural, xuvenil e -remarcou- dá terceira idade», «E nós imos facelo compatible», asegurou Rubido, que tomará posesión como alcalde o xoves.

Vilela chegou a ameazar a Vergara «con ponerle de patitas en la calle» si volvía interromper, tras un intenso cruzamento de acusacións de despilfarro entre a oposición e Rubido, que atacou a xestión de anteriores gobernos.

Link: VONPaper






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2331