Concello de Cedeira - BOP
Fecha Domingo, 22 diciembre a las 23:33:28
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO
Notificación por comparecencia

En virtude do establecido nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, logo de ter intentado, por dúas veces, a notificación da providencia de alcaldía de data 18.10.2013, relativa o estado da edificación sita na rúa Hortas, 14, de Cedeira, emprázase mediante este anuncio a Mª José García Kuhn para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, no Servizo de Arquitectura e Urbanismo do Concello, en horario de 9 a 14 h. de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia do interesado ou o seu representante, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ó vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Cedeira, 12 de decembro de 2013
O alcalde acctal.
Alfredo Vilela Santalla

Link: BPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2329