Centro de Saúde - Narón
Fecha Sábado, 21 diciembre a las 22:43:01
Tema PHP-Nuke


O Concello de Narón e a Consellería de Sanidade avanzaron no convenio para a construción do novo centro de saúde do municipio. O alcalde de Narón, José Manuel Blanco , e o concelleiro de Sanidade, Manuel Ramos, reuníronse onte coa xerente do Sergas, Nieves Domínguez, e o xerente da área Sanitaria de Ferrolterra, Ángel Facio para estudar aspectos como o diñeiro que achegará cada administración para a construción. No encontro abordáronse cuestións relativas ás prezos de execución da obra, o importe, e a valoración económica do actual centro de saúde do municipio. Estes aspectos, sinalan, concretaranse por escrito no acordo. Segundo explica o rexedor, a mediados do próximo mes de xaneiro convocarán un novo encontro entre ambas as administracións para terminar de delimitar estes aspectos e poder asinar o convenio de construción do ambulatorio. Para redactar este novo acordo está a revisarse o protocolo de colaboración asinado por ambas as administracións no ano 2008 actualizándoo. Cabe destacar que a construción do novo centro de saúde de Narón non conta con ningunha partida nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2014.

Iso .... como na Vila dos Rubido.


Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2327