Concello de Cedeira - PLENO EXTRAORDINARIO
Fecha Viernes, 20 diciembre a las 00:12:25
Tema PHP-Nuke


A corporación municipal de Cedeira aprobou onte o orzamento de 4,6 millóns de euros que gestionará en 2014 -un 4,12% superior ao do presente ano-. O documento económico recolle un investimento de 304.546,10 euros que se destinará á cofinanciación de programas con outras administracións. Con todo, tal e como destacou o que será novo alcalde, Luís Rubido, -a sesión para a súa elección está prevista para o próximo día 26-, "en previsión do remanente de Tesorería que quedará unha vez péchese o exercicio, poderemos incrementar este capítulo e afrontar proxectos importantes".

Tamén destacou o aumento da partida destinada a gasto social e das subvencións a entidades coa creación dun fondo de compensación ás becas de ensino Primario e Secundaria de 10.000 euros.

O documento económico saíu adiante cos votos contrarios tanto de PSOE como de BNG -de feito, os nacionalistas solicitaron que se retirase da orde do día-.

O portavoz socialista, José Luís Vergara, criticou a presidencia do pleno, onte exercida por Alfredo Vilela ( + Info I - + Info II ), actual alcalde en tanto Luís Rubido non sexa elixido.

O PSOE destacou así mesmo o aumento de impostos que teñen o seu principal exponente no denominado "catastrazo", así como o incremento dunha partida destinada ao grupo de goberno en 18.000 euros. "É moi significativa a caída nun 0,5% das políticas activas de emprego, que se une a unha partida de 35.000 euros para pagar os gastos de demora dunha axuda do Plan Ferrol á que o goberno renunciou para a creación dun vivero de empresas na Trabe", destacou Vergara. Tamén criticou que se reduzan dúas prazas do servizo de atención a domicilio.

Na sesión procedeuse ademais á disolución da Fundación Gerardo Villabrille, que segundo Luís Rubido, "dificultaba o labor do equipo contable municipal" e á aprobación do catálogo de postos de traballo do Concello que saíu adiante coa abstención do BNG e o voto contrario do PSOE, que non considerou que este "responda ás necesidades de Cedeira". Así puxo como exemplo que nos orzamentos se recolla unha partida de 15.000 euros para Protección Civil e estes postos de traballo non aparezan reflectidos no mencionado catálogo.

Durante o pleno de onte tamén tomou posesión a nova concelleira María del Pilar Pérez Villar.






© 2013 - Concello de Cedeira



Dcto. formato PDF : preme aquí



Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=2324